Do meu portal en
diante
Hai pendurado un
espello
Pra me peitear a
vergonza
Polas mañás
Antes de
alimentar ás moscas
Rosmando unha
definición do mundo
Despois do
milagre
Das sabas de
gravidade
Do corpo de
inercia,
Vénme o mundo
polas costas saudarme
Vou foderte polas
boas
Porque polas
malas impórtasme
Máis ben merda
Máis ben nada,
Devólvolle o saúdo
E dígolle
Tan poucas balas
Pra tantos
xeonllos
Corazón enxoito e
malfalado
Quen te quere máis
que o nada
Máis que nada
Por seres nada
Algo
ben aburrido
Tan redundante
mente
Repetido,
Unha máis de tantas
Perdido
Sen que ninguén
se decate
Pra que a dor
cumpra o seu labor
E a Ninguén se
lle ocorra
Que existes pra algo
máis que nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario