sábado, 22 de marzo de 2014

Loita de xigantes ananos

Creo nas pantasmas
terribles
dalgún estraño lugar

que unha vez vistas
van por ti polos recantos da rúa
a cada xeito inconsciente

do resto

e como andan como falan como viven
coa palabra ceibe na boca

son escravos dos seus petos
os devotos crentes
das lavadoras,
de palabras complicadas
para as súas opinións enmudecidas

e a miña lingua no lixo
e os meus dereitos tan caros
e o meu corpo arrendado
e a dignidade mentira

e escravas dos escravos que escravizan
e das palabras que existen
entre po e papeis de imprenta


e así e todo
fendas escuras nas esperanzas

e os corazóns arrefriando por non saber
abrigarse ben
coas palabras máis manchadas
da cor do sangue

co sabor acedo da verdade lóxica
que afasta irremediablemente

das sombras das paredes
das cavernas celarias
da sociedade enferma

de si mesma.


luns, 17 de marzo de 2014

Broucazos ceibes

Estou tan decepcionado
da impotencia da morte
a través do silencio de aquí
e do prexuízo imperante,
cuspíndose das bocas podres
sen opinión limpa
                       de sociedade...

Se me deixaran medrar
ou me arrancaran
e puidese sementar outro eido
a outro ermo inocente
ou coa miña mesma merda
                                    de abono
para plantar as Miñas feces
e labrar os meus acertos
a modo de remordementos alleos

así e todo,
é xustiza de raíz
a que se xoga no fogar sen niño
dun paxaro sapoconcho
que quere andar en pelotas
pola rúa adiante.

domingo, 16 de marzo de 2014

Señor das moscas

Do meu portal en diante
Hai pendurado un espello
Pra me peitear a vergonza
Polas mañás

Antes de alimentar ás moscas
Rosmando unha definición do mundo
Despois do milagre
Das sabas de gravidade
Do corpo de inercia,

Vénme o mundo polas costas saudarme
Vou foderte polas boas
Porque polas malas impórtasme
Máis ben merda
Máis ben nada,

Devólvolle o saúdo
E dígolle

Tan poucas balas
Pra tantos xeonllos

Corazón enxoito e malfalado
Quen te quere máis que o nada
Máis que nada
Por seres nada

   Algo 
ben aburrido

Tan redundante
                      mente

Repetido,
Unha máis de tantas
           Perdido

Sen que ninguén se decate
Pra que a dor cumpra o seu labor
E a Ninguén se lle ocorra

Que existes pra algo

 máis que nada.