venres, 6 de decembro de 2013

Boas noites, noite

Tes que perdoarme
que teña tanto medo
pero a rúa fáiseme curta
e a cada paso traga
e atragoa comigo
nunha canella existencial
e quizais, ata non é culpa túa
e sobre para min
pero o certo é que sempre existes
para que non exista
e iso faime tan pequeno
porque voume comendo pouco a pouco
o xornal que non se agocha nas miñas procuras
e o meu corpo de sangue é todo o que teño
e o maldito ceo
e a maldita lúa
randeándose
entre mareas que veñen e deixan
e airexas que van e abandonan
sempre a mesma sensación baleira
doutra noite pecha no estómago
o corazón aberto
cos ollos pechados
o son do piano
as teclas que escriben
as olleiras que queiman
o móbil sen novas
a cama en espera
o ácido
...

e boas noites, noite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario