domingo, 3 de novembro de 2013

Cardiopatía postmoderna

Atopámonos no mesmo carón
Do límite que dobra a vida perante os ollos
Perpendicular e fronte a fronte
Cara un sentido único
Para confundirnos, doces na penumbra
E escoitarmos polos ollos
Cando non quede gorxa de nós de describirnos
Berrando a cantos de tolemia,
Que sen esta voz non se entende a vida
Do que puidera sentila na miña cabeza
Impetuosa e latexante,
A sapientia sen fame e só as nosas sedes recíprocas
Medosas
Do corazón que non se acostuma
Aos novos tempos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario